Seguemento da execución das accións formativas.

Tódolos datos e documentación correspondentes á xestión das accións formativas, deberán introducirse online a través da aplicación informática SIFO (art. 21).

Débense ter en conta e cumprir tódolos prazos, límites e requisitos que figuran na Orde de bases e convocatoria TR302A-2026 referidos a esta fase de execución.

Antes de autorizar o inicio das Actividades Formativas, as técnicas de FUNGATRA comprobarán que está incorporada en SIFO toda a información que figura no artigo 21.3.

Unha vez acreditado o inicio da actividade formativa, no caso de estar interesados en solicitar anticipo (artigo 35.1), deben informar ás técnicas de FUNGATRA cando o soliciten para poder xestionalo o máis axiña posible.

Dispón na aplicación SIFO/ FORMACIÓN /INICIO de instrucións e modelos que deberá usar ao longo da execución da acción formativa:

=

Modelo de dereitos e deberes do alumnado

=

Modelos documentación TR302A (ocupados)

• Modelo de Memoria explicativa de Aula Virtual.
• Modelo de Material entregado.
• Modelo de comunicación de datos.
• Modelo de compromiso de Calidade.
• Modelo de coincidencia co indicado en solicitude.
• Modelo declaración responsable correspondencia TF usuario.

=

Información relativa ao método de control de presenza en cursos de formación para o Emprego

• Modelo informativo uso de datos.
• Información relativa á fichaxe mediante dni-e e código QR do alumnado e persoal docente.

=

Modelo de parte de firmas individualizado

Orde de presentación

Á hora de nomear toda a documentación xerada pola entidade para envorcar no aplicativo, deben seguir a seguinte orde:

1º. Número do Programa Formativo.
2º. Número da Acción Formativa afectada, de ser o caso.
3º. Breve resumo do asunto.

Momentos chave para achegar documentación:

=

Día de inicio da acción formativa (art. 21.4).

=

Momento da incorporación do alumnado á acción formativa (art. 21.5).

=

Mensualmente (art. 21.6).

=

Prazo dun mes dende a finalización da acción formativa (art. 21.7).

Loading...