1. Inicio
  2. Aviso Legal

Aviso Legal

Os dereitos de propiedade intelectual da web da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo e dos elementos nela incluídos son titularridade da propia Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida na web, en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos nesta web, así como os perxuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a esta Fundación e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos. A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo non se fai responsable dos danos e dos perxuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web. Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de xeito inadecuado atendendo á súa propia finalidade. Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida neste son de exclusiva responsabilidade do usuario.

A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e, a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Ley orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

Loading...