Mantivo un encontro co Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de traspaso á comunidade autónoma das competencias das autorizacións iniciais de traballo para persoas estranxeiras e dos aeródromos e heliportos non cualificados de interese xeral.

No marco da ratificación destas transferencias, mantivo un encontro co ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres. Tamén se reuniu a Comisión Mixta de Transferencias, formada por membros da Administración Xeral do Estado e da autonómica e que foi o organismo encargado de preparar estas cesións.

Rueda participa no acto de traspaso das competencias das autorizacións iniciais de traballo e dos aeródromos non cualificados de interese xeral

En canto ás autorizacións iniciais de traballo por conta propia ou allea para persoas estranxeiras cuxa relación laboral se desenvolva en Galicia, a Xunta pasará a asumir esta tarefa, pero a Administración do Estado seguirá sendo a competente nas autorizacións de residencia. Esta transferencia farase efectiva no primeiro trimestre de 2027.

Rueda participa no acto de traspaso das competencias das autorizacións iniciais de traballo e dos aeródromos non cualificados de interese xeral

No que se refire aos aeródromos e heliportos non cualificados como de interese xeral, o traspaso afecta a un total de 40 infraestruturas: a gran maioría úsanse para a loita contra os lumes forestais, pero tamén para transporte sanitario ou salvamento marítimo.

A Xunta pasará a ocuparse de autorizar os proxectos de construción ou modificación, a apertura ao trafico dos mesmos e os instrumentos de ordenación que lles afecten. A Administración do Estado seguirá ocupándose de funcións como o control aéreo, ou a función inspectora, que seguirá dependendo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). Esta transferencia espérase facer efectiva o 1 de xaneiro do próximo ano.

Loading...