O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou nun almorzo do Foro de Empresa centrado nesta temática

No encontro tamén participou a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou esta mañá nun almorzo organizado polo Foro de Empresa centrado no impacto económico e social do absentismo laboral.

Durante a súa intervención, o representante autonómico destacou a importancia de continuar traballando de maneira coordinada entre administracións, tecido empresarial e sistema sanitario para facer fronte a un reto que afecta á competitividade das empresas, á organización do traballo e á sustentabilidade dos servizos públicos.

Pablo Fernández sinalou que o absentismo laboral constitúe unha cuestión de especial relevancia pola súa repercusión tanto económica como social, incidindo na necesidade de impulsar medidas que permitan mellorar a prevención e a atención sanitaria.

No encontro tamén participou a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, quen trasladou os últimos resultados das medidas postas en marcha dentro do Plan de mellora e control da incapacidade temporal da Xunta.

A representante do departamento sanitario destacou actuacións organizativas que facilitan que o tempo das baixas laborais non se estenda máis do necesario. Entre elas, a inclusión dos resultados das probas realizadas polas mutuas na historia clínica electrónica da sanidade pública. Desde agosto de 2024 foron xa 16.000 probas diagnósticas, que se evitou que o paciente tivese que realizalas por duplicado.

Loading...