Programa
MellorANDO

MellorANDO é un programa de FUNGATRA orientado a mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas ou en situación de vulnerabilidade.

A través dunha formación práctica e próxima, centrada no desenvolvemento de habilidades persoais e profesionais, o programa acompaña ás persoas participantes para reforzar a súa confianza, mellorar as súas competencias e afrontar con maior seguridade o seu acceso ao mercado de traballo.

O programa pon o foco naquelas competencias brandas cada vez máis valoradas polas empresas, como a comunicación, o traballo en equipo, a xestión emocional, a resiliencia ou a adaptación ao contorno laboral.

Ademais, ofrece ferramentas concretas para a busca activa de emprego, como a mellora do currículo, a preparación de entrevistas, a orientación profesional e o acompañamento personalizado na definición de obxectivos laborais.

En modalidade en liña

MellorANDO combina obradoiros prácticos, masterclass especializadas, seguimento individualizado e unha bolsa de emprego, xerando un espazo de aprendizaxe, apoio e crecemento persoal. Unha iniciativa pensada para impulsar novas oportunidades laborais e axudar a cada participante a dar un paso máis cara ao seu futuro profesional.

Moi pronto anunciaremos a próxima convocatoria. Sigue as nosas redes e consulta a nosa web para estar ao día de todas as novidades.

Loading...