Outubro 2025 – 100% online
Programa MelloraDOS: Formación integral en competencias brandas.
MelloraDOS: Formación gratuita para mellorar a túa empregabilidade.
Obradoiros prácticos, masterclass e acompañamento nunha bolsa de emprego.
A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo lanza MELLORADOS, un programa 100% gratuito e online, dirixido a persoas que queiran reforzar as súas habilidades para acceder ao mercado laboral.
MELLORADOS é unha iniciativa formativa pioneira que aposta polo desenvolvemento de habilidades brandas como motor para a mellora profesional e a integración laboral de persoas en situación de vulnerabilidade. O obxectivo é claro: mellorar as oportunidades de inserción laboral, promover a confianza persoal e dotar ás persoas participantes das ferramentas necesarias para afrontar con éxito os procesos de selección e adaptación ao entorno laboral actual.
Con MELLORADOS queremos acompañar ás persoas nun momento clave das súas vidas. Trátase de darlles recursos reais, pero tamén autoestima, rede e perspectiva. En FUNGATRA cremos na formación que transforma e conecta coa realidade social. Este programa é un paso máis nese compromiso.
A quen vai dirixido
Paradas/os de longa duración.
Maiores de 45 anos.
Persoas desempregadas menores de 30 anos.
Persoas con discapacidade (33% ou máis).
Orientadoras/es laborais (tamén aberto a outras persoas interesadas).
Que ofrece?
Obradoiros prácticos sobre comunicación, autoestima, busca de emprego e benestar emocional.
Masterclass para mellorar o CV, atopar formación útil e traballar a actitude.
Bolsa de emprego con apoio personalizado.
Desenvolvemento
Obradoiros prácticos
Sobre empoderamento, comunicación, xestión emocional e incorporación laboral.
Masterclass
Sobre revisión curricular, formación complementaria e benestar emocional (baseado no método Hygge).
Seguimento individualizado
E a creación dunha bolsa de emprego para facilitar a conexión real co mercado laboral.
Comezamos…
Outubro e novembro 2025
Turnos: Mañá ou tarde (ti elixes)
Modalidade: Online
¡Enche o formulario e solicita praza!
Tamén podes trasladar as túas dúbidas ao enderezo electrónico: mellorados@fungatra.gal