2ª Edición
Impulsando o talento feminino galego.
LiderELAS é un programa formativo creado para impulsar o liderado, o desenvolvemento profesional e a visibilidade do talento feminino vinculado a Galicia.
A través de formación, networking e espazos de encontro, esta iniciativa busca fortalecer o papel das mulleres no ámbito empresarial e profesional, favorecendo a creación de redes de colaboración, novas oportunidades de crecemento e, de maneira especial, a retención e o retorno do talento feminino como elemento crave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.
MODALIDADE MIXTA:
Presencial + Virtual
Durante aproximadamente dous meses e en modalidade mixta, online e presencial, LíderELAS ofrece talleres e actividades centradas en liderado feminino, comunicación, marca persoal, posicionamento profesional e xeración de oportunidades en redes profesionais. O programa inclúe tamén sesións de networking, intercambio de experiencias e conexión con empresarias e profesionais galegas dentro e fóra de Galicia, creando unha comunidade de apoio e inspiración con vocación de continuidade.
Edición 2026
Moi pronto volveremos abrir a inscrición para unha nova edición, prevista para setembro, co obxectivo de seguir acompañando a mulleres con talento, iniciativa e ganas de crecer profesionalmente. Unha nova oportunidade para conectar, aprender, visibilizar o talento feminino e seguir construíndo futuro desde Galicia.
Moi pronto anunciaremos a próxima convocatoria. Segue as nosas redes e consulta a nosa web para estar ao día de todas as novidades.