Prazo de inscrición aberto ata o 6 de maio ás 23:59h

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

Mellora como docente ou profesional da orientación laboral as túas competencias dixitais e transforma a túa actividade coa intelixencia artificial.

A metodoloxía Bootcamp baseada en retos tipo permitirá aos participantes deseñar un proxecto educativo propio aplicando os contidos adquiridos. Cada semana combinará contidos asincrónicos (píldoras formativas en vídeo, materiais complementarios, tarefas e test) con sesións síncronas de traballo en grupo e webinars con profesionais de referencia.

=

Duración e calendario

  • Duración: 5 semanas (carga lectiva: 70 horas)
  • Datas: do 11 de maio ao 15 de xuño de 2026
=

Modalidade

100% online, flexible e con titorización continua

A quen vai dirixido?

=

Docentes que impartisen cursos de formación para o emprego dende o ano 2021.

=

Orientadores/as laborais en activo.

Requisitos de Participación

Z

Residir en Galicia.

Z

Experiencia docente en formación para o emprego ou orientación laboral demostrable (acreditable con certificado de empresa ou contrato onde se especifique claramente).

Z

Competencias dixitais de nivel medio (acreditable mediante proba).

Z

Dispoñibilidade semanal para completar as actividades (mínimo 10 horas semanais).

Z

Dispoñibilidade para asistir ás sesións síncronas de 1,5 h. óu 2 h. os luns 11, 18 e 25 de maio; 1, 8 e 15 de xuño, de 16:00 a 17:30 (haberá 2 sesións 16:00 a 18:00).

Z

Dispoñibilidade dun PC ou portátil con conexión a internet.

Módulos Formativos

MÓDULO 1  Fundamentos da Intelixencia Artificial e o seu impacto na formación.
MÓDULO 2  IA conversacional e asistentes intelixentes para a mellora da produtividade.
MÓDULO 3  Deseño pedagóxico e planificación formativa apoiada por IA.
MÓDULO 4  Creación de contidos didácticos multimedia mediante IA generativa.
MÓDULO 5  Uso responsable da IA: seguridade, privacidade e ética.

Metodoloxía

=

Metodoloxía Bootcamp baseada en retos.

=

Formación asíncrona con vídeos e recursos complementarios.

=

Retos semanais prácticos.

=

Sesións síncronas de traballo colaborativo con outros participantes.

=

Webinars con casos reais e resolución de dúbidas.

En que consiste a metodoloxía Bootcamp?

Cando dicimos que se emprega unha metodoloxía Bootcamp baseada en retos, referímonos a unha forma práctica e dinámica de aprender.

Cada semana, as persoas participantes recibirán un desafío ou “reto” concreto, vinculado aos contidos da formación, que deberán resolver aplicando o aprendido. Estes retos non son teóricos nin xenéricos: están deseñados para que cada persoa cree algo útil e aplicable á súa práctica docente.

Exemplos xenéricos de retos
  • Deseñar unha clase empregando ferramentas de intelixencia artificial.
  • Crear un recurso didáctico xerado con IA.
  • Empregar ChatGPT para redactar unha guía de exercicios ou avaliar traballos automaticamente.
Este enfoque ten varias vantaxes
  • Aplicación inmediata: apréndese facendo, non só lendo ou escoitando.
  • Personalización: cada participante adapta os retos ao seu propio contexto.
  • Progresividade: os retos están organizados para desenvolver paso a paso un proxecto educativo real.
  • Motivación: ver resultados prácticos cada semana axuda a manter o interese.

En resumo, os retos son como pequenas misións semanais que permiten que o curso non só se comprenda, senón que se viva. E ao remate do programa, cada docente terá creado un proxecto educativo propio empregando intelixencia artificial.

IMPORTANTE: Para un correcto aproveitamento do curso, os participante deben comprometerse coa realización semanal de cada reto, sendo a súa realización e entrega requisito de avaliación.

Requisitos de superación

Z

Completar o 100% dos contidos asincrónicos e superar os test.

Z

Realizar e entregar os retos semanais.

Z

Participar nun mínimo de 4 dos 6 webinars programados.

Z

Realizar as tarefas de grupo asignadas.

Inscrición e Selección

=

O prazo de solicitude estará aberto desde a data de publicación na web de FUNGATRA ata o mércores 6 de maio de 2026 ás 23:59h. A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible nesta ligazón: https://swiy.co/FUNGATRA-CAPACITA-2026

=

As prazas asignaranse por orde de inscrición, cumprindo os seguintes criterios:

  1. Confirmación da dispoñibilidade e medios técnicos no formulario.
  2. Participación no evento online de presentación o xoves 7 de maio de 16:00 a 17:00.
  3. Superación dunha proba de competencias dixitais realizada durante o evento do 7 de maio.
=

Só os 250 primeiros solicitantes serán convidados ao evento de presentación.

=

As persoas que cumprindo os criterios de selección non obteñan praza, pasarán a formar parte dunha lista de agarda ata o mércores 21 de maio.

=

As prazas asignadas a participantes que se den de baixa, non completen o primeiro módulo ou non entreguen o primeiro reto antes do 21 de maio (inclusive), serán reasignadas ás persoas en lista de agarda.

=

A partir do 21 de maio non se incorporarán novos alumnos ao curso.

Algúns Proxectos da Edición 2025

Loading...