Xornadas CompetencIA

En cada unha das catro provincias galegas desenvolverase unha xornada CompetencIA, deseñada e concebida para mellorar a empregabilidade a través do coñecemento práctico de ferramentas de Intelixencia Artificial aplicadas ao eido laboral.

Obxectivos:

Dar a coñecer usos sinxelos, accesibles e prácticos da IA no posto de traballo.

Mellorar competencias dixitais vencelladas á busca de emprego, á produtividade e á adaptación profesional.

Amosar aplicacións reais da IA en tarefas administrativas, comunicación, organización, análise de información, atención a persoas usuarias, formación e xestión de proxectos.

Achegar estas ferramentas a colectivos con necesidades de reciclaxe profesional ou mellora de competencias.

Xerar espazos de contacto entre persoas participantes, entidades sociais, empresas, centros formativos e axentes vencellados ao emprego.

OURENSE → 30 Setembro | 12:00-14:00h | Sede da CEO.
LUGO → 8 Outubro | 12:00-14:00h | Sede da CEL.

SANTIAGO → 30 Outubro | 10:00-12:00h | Sede da CEG.
VIGO → 6 Novembro | 10:00-12:00h | Sede da CEP.

Introdución á IA

Trala presentación institucional da xornada, comezaremos expoñendo os obxectivos do programa e facendo unha introdución práctica á Intelixencia Artificial xenerativa, que pode achegar ao posto de traballo e que límites deben terse en conta.

Obradoiro aplicado: IA para o emprego e a produtividade

Veremos exemplos prácticos de:

E

Redacción e mellora de currículos.

E

Preparación de entrevistas de traballo.

E

Elaboración de cartas de presentación.

E

Organización de tarefas e planificación semanal.

E

Creación de contidos profesionais.

E

Resumo de documentos.

E

Mellora de correos electrónicos e comunicacións laborais.

E

Uso responsable e seguro de ferramentas de IA.

Casos prácticos por perfís profesionais

Estudaremos as aplicacións da IA en ámbitos como:

Administración

Comercio

Att. Público

Formación

Xestión de entidades

Orientación laboral

Apoio técnico

Rexístrate para participar na xornada Competencia da túa provincia

Loading...