Artesás

O programa do talento artesá feminino

ARTESÁS é un programa de formación, dinamización e acompañamento profesional dirixido a artesás do rural galego, organizado dende a Xunta de Galicia, a través da colaboración da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FUNGATRA) e da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

A iniciativa nace co obxectivo de impulsar a profesionalización, a empregabilidade e a visibilidade das mulleres artesás, poñendo en valor o seu papel como transmisoras de oficios, cultura e identidade no rural galego.

O programa combina unha 1ª fase de formación práctica e creación de rede, aberta a un máximo de 40 participantes, cunha segunda fase de mentoring individualizado para 12 proxectos seleccionados. A través de píldoras formativas, encontros presenciais, networking e asesoramento especializado, as participantes traballarán aspectos clave como a xestión económica, a marca persoal, a fixación de prezos, a proposta de valor, as redes sociais e a colaboración entre proxectos.

Fase 1: Formación

(40 PARTICIPANTES)
Formación práctica e creación de rede.

Fase 2: Mentoring

(12 PROXECTOS)
Mentoring individualizado para proxectos seleccionados.

ARTESÁS busca fortalecer o sector artesán galego desde unha perspectiva profesional, colaborativa e territorial, favorecendo a consolidación de proxectos sostibles e a creación de redes de apoio entre mulleres artesás rurais.

FASE 1

Obxectivos Xerais

Impulsar a figura da muller no sector da artesanía rural galega.

Poñer en valor a figura da muller artesá como vínculo coa tradición cultural e profesional no rural galego.

Ofrecer unha visión profesional do negocio da artesanía a través dunha formación dinámica e participativa.

Traballar con mulleres, preferentemente, que xa están a desenvolver o seu traballo como artesás e contan co obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.

Promover a colaboración entre as mulleres participantes.

Difusión do Programa, captación e selección de participantes

Lanzamento do programa e apertura de inscricións

27 de Maio.

Peche de inscricións

5 de Xuño.

Prazas ofertadas

40 Prazas. Preferentemente para mulleres que contan co obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Programa formativo

$

Horas de formación

18 Horas incluindo as actividades presenciais.
$

Primeiro encontro presencial e presentación do programa e as mulleres participantes

10 de Xuño (de 10 a 14 horas).

10:00 Benvida institucional
10:15 Presentación dos obxectivos do programa
10:30 Primeira pílula formativa: identifica as túas competencias emprendedoras
12:30 Networking
14:00 Peche

$

Pílulas formativas

Formato online: 09:00 a 11:00 horas.

12 de Xuño: Identifica as túas competencias emprendedoras.
16 de Xuño: Os números axúdannos a tomar decisións.
18 de Xuño: A nosa marca persoal, selo diferencial.
22 de Xuño: Fixar prezos para vender mellor.
25 de Xuño: A nosa proposta de valor fainos diferentes.
29 de Xuño: As miñas amigas as redes sociais

$

Segundo encontro presencial e peche da primeira fase do programa

30 de Xuño.

10:00 Benvida institucional.
10:15 Pílula formativa: Se nos aliamos, gañamos.
12:15 Selección das 12 participantes que acceden ás mentorías, que se desenvolverán na fase II.
12:30 Networking.
14:00 Peche.

FASE 2

Obxectivos Xerais

Ofrecer unha visión profesional do negocio da artesanía.

Traballar con 12 mulleres artesás que xa están a desempeñar o seu traballo como artesás e contan co obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.

Apoiar a estas artesás nos procesos de mellora da súa actividade profesional.

Promover o apoio e a colaboración entre as mulleres participantes.

Difundir a súa actividade e promover os seus negocios.

Planificación cronográfica

Análise e diagnóstico da situación das actividades participantes

Do 8 ao 16 de Setembro.

w

Entrevistas individuais e de visita aos seus locais de negocio.

Determinación de obxectivos de mellora.

Emparellamento cun mentor ou mentora da área de traballo a mellorar.

Programa formativo

$

Primeiro encontro presencial

24 de Setembro de 12:00 a 15:00 horas.

12:00 Benvida institucional
12:15 Presentación das necesidades detectadas
12:30 Presentación pública por parte de cada muller artesá
13:00 Explicación da metodoloxía de asesoramento:

– Que son as asesorías e cal é a función dun/a asesor/a?
– O proceso do emparellamento entre emprendedora e asesor/a
– O acordo da relación e os compromisos adquiridos
– A construción compartida dos obxectivos para alcanzar
– A planificación das axendas das sesións de traballo (presencial e online)

14:00 Networking

$

Actividade de Asesoramento

24 de Setembro ao 24 de Outubro.

Estimación de horas de traballo por cada artesá: 8 h.
Selección do equipo de asesores/as en función das necesidades detectadas.
Calendario: a fixar por acordo entre a muller artesá e o/a asesor/a (calcúlase entre 6 e 12 sesións, dependendo da súa duración).
Proceso de matching ou emparellamento

– Presentación do/a asesor/a asignado e firma do acordo para o inicio da relación.
– Programación de obxectivos a alcanzar.
– Planificación e celebración das sesións.
– Avaliación e peche das actividades persoais.

$

Segundo encontro presencial e peche do programa

8 de Novembro de 13:00 a 15:00 hrs.

13:00 Benvida institucional
13:15 Presentación dos obxectivos alcanzados
(tras pasarlle un cuestionario anónimo de avaliación a todas as participantes e ao equipo de asesores/as)
13:45 Presentación pública por parte de cada artesá
14:00 Networking
15:00 Peche

Inscríbete xa no programa

Loading...