O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no peche da xunta consultiva anual do Organismo Estatal de Inspección de Traballo e Seguridade Social. Alí, puxo de relevo a colaboración que presta a Xunta de Galicia no eido da seguridade e saúde laboral.
Nese sentido, Fernández fixo alusión á Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 en vigor, que contempla afianzar o asesoramento técnico especializado e as actuacións de coordinación e colaboración, entre outras, coa Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), co gallo de garantir contornas de traballo seguras, saudables e sostibles.