A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Concello das Somozas para coñecer a unha destas traballadoras contratadas para o servizo de mantemento de espazos verdes
Estas aportacións están destinadas a subvencionar a inserción laboral de persoas desempregadas de entre 18 e 29 anos
Esta convocatoria de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a concellos e a organismos intermedios sen ánimo de lucro contou este ano cun orzamento de 6,5 M€
A Xunta apoia este ano a contratación de 13 persoas mozas desempregadas en 10 cconcellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal con cargo ás axudas do Programa de Garantía Xuvenil da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a unha destas traballadoras contratada polo Concello das Somozas para desenvolver tarefas agrícolas e de mantemento de espazos verdes.
Aneiros incidiu en que a través destas axudas, o Goberno galego pretende incentivar a contratación de persoas mozas, de entre 18 e 29 anos, desempregadas -é requisito que sexan beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia- tanto en entidades locais como en organismos intermedios sen ánimo de lucro.
A convocatoria á que a consellería destinou este ano un orzamento de 6,5 M€, cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FSE de Galicia 2021-2027, está destinada subvencionar a contratación a xornada completa dos mozos e mozas por un período de nove meses. “O obxectivo fundamental é que os beneficiarios acaden unha experiencia laboral que lles permita integrarse no mercado laboral”, explicou Martina Aneiros durante a visita.
Xunto ao Concello das Somozas tamén beneficiáronse destas axudas o de Pontedeume, Ortigueira, Moeche, Fene, Cerdido, Cedeira, Cariño e Ares, cun contrato por concello; así como o de Ferrol, que recibiu aportación para subvencionar a contratación de catro traballadores.
O programa de Garantía Xuvenil forma parte da aposta da Xunta por fomentar o emprego das persoas mozas dentro do que se inclúen outras medidas como como as encadradas na próxima orde Galicia Suma Talento: Emprégate, os programas de primeira experiencia profesional e Investigo, entre outras.