O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe ao de celebración da festa patronal do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (Coitivigo), durante o que se homenaxeou aos colexiados e colexiadas que cumpriron 25 e 50 anos de profesión, respectivamente.

O secretario xeral puxo en valor o compromiso, a solvencia e a traxectoria destes profesionais, destacando o papel fundamental que desempeñan no desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia. Tamén subliñou a relevancia do Colexio como axente dinamizador do emprego cualificado e como piar esencial da excelencia e da capacitación continua das novas xeracións de enxeñeiros e enxeñeiras, que dean respostas ás necesidades de talento que demanda o tecido produtivo galego.

Loading...