O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na inauguración do encontro de entidades da Plataforma Red Conecta e a Fundación Esplai. Durante o acto, destacou a aposta da Xunta de Galicia para seguir potenciando as competencias dixitais como garante para mellorar a inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión.

Arturo Parrado destacou a estreita colaboración entre o terceiro sector e a Administración autonómica para seguir creando novos itinerarios de traballo e chegando a máis persoas vulnerables. Nesta liña, agradeceu o labor da Fundación Esplai por poñer a disposición de quen máis o precisa recursos tecnolóxicos que fomenten a súa inclusión, unhas accións ás que a Xunta de Galicia destina máis de 82.000 euros en achegas do IRPF.

Ademais, o director asistiu á inauguración da exposición artística Embarríate Teis que organiza a Fundación da Santa Cruz na cidade de Vigo para impulsar accións contra a exclusión social e para crear redes de apoio solidarias. Unhas accións que contan co apoio económico da Xunta de Galicia que destina preto de 30.000 euros a este proxecto.

Loading...