A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, xunto co director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá nas xornadas de emprego e formación para a población xitana organizadas pola Fundación Secretariado Gitano —a través do programa Acceder— en colaboración coa Xunta de Galicia. O programa Acceder conta con 20 anos de percorrido nos que leva promovendo a incorporación da población xitana ao mercado laboral como porta á inclusión social, ofrecendo ferramentas para favorecer o acceso aos recursos en todos os ámbitos de intervención desde unha perspectiva integral e de xénero.

Marta Mariño, apladiu o labor da Fundación Secretariado Gitano, que busca ofrecer oportunidades no mundo laboral aos participantes nas súas actividades de formación. Neste senso, mencionou os diferentes programas de apoio económico, de asesoramento e acompañamento ofertados polo Executivo galego, como a orde unificada de autónomos,que conta cun orzamento de máis de 40,7 millóns de euros, englobando cinco liñas de axudas que van desde o inicio da actividade ata a consolidación e mantemento desta. Asi mesmo, tamén destacou a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que desde a súa creación no ano 2022, conta con 15 oficinas distribuídas por toda a Comunidade e presta, de forma gratuíta, asesoramento individualizado tanto a quen desexa emprender na Comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse, cunha cifra na actualidade de máis de 3.700 proxectos asesorados.

Loading...