O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana en Ourense co alcalde do concello da Veiga, Juan Anta, para afondar na colaboración institucional entre ambas administracións en materia de emprego e xeración de oportunidades laborais que contribúan á cobertura de vacantes e á fixación de poboación no territorio.

Neste sentido abordáronse diferentes aspectos para fortalecer o emprego relacionados coa revitalización comercial ou co impulso das oportunidades laborais para os emigrantes retornados acordes ás necesidades de man de obra das empresas da contorna e cunha atención integral que facilite a inserción social laboral dos traballadores, incorporando tamén apoios para que poidan acceder de xeito máis doado a unha vivenda, na liña dos apoios enmarcados na Estratexia Galicia Retorna.

Loading...