A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou esta tarde nunha xornada sobre o labor do campus autonómico

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe en Vigo nunha xornada sobre o labor do campus autonómico de igualdade laboral. O encontro serviu de intercambio de experiencias entre o persoal docente e parte das persoas usuarias da iniciativa, ademais de para facer entrega de certificados de aproveitamento das últimas formacións realizadas.

A secretaria xeral destacou a boa acollida dos talleres arredor da igualdade laboral, do acoso no traballo, da discriminación por xénero ou da igualdade salarial. Tamén sobre os plans de igualdade, o certificado de excelencia en igualdade, os riscos psicosociais e a súa relación coas accións de conciliación ou as boas prácticas para a atracción e retención de talento e a promoción profesional con perspectiva de xénero.

Nese senso, a representante autonómica garantiu a continuidade do campus autonómico en liña, con propostas formativas centradas en cuestións como a saúde laboral con perspectiva de xénero ou a intelixencia artificial e as novas formas de traballo.

Loading...