A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe nun encontro coas persoas participantes nas actuais lanzadeiras de emprego da Coruña e Ferrol, postas en marcha no marco do programa Hubs de activación da empregabilidade, promovido pola Fundación Santa María la Real co cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e da Xunta de Galicia.

Durante a xuntanza, a secretaria xeral interesouse pola evolución das lanzadeiras e pola experiencia das persoas participantes, ás que trasladou o apoio da Xunta de Galicia. Así mesmo, destacou o valor destes programas, que combinan orientación individualizada e traballo en equipo para reforzar as capacidades profesionais e ampliar as oportunidades de acceso ao emprego. Pérez Iglesias salientou tamén a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e entidades como a Fundación Santa María la Real para desenvolver recursos que dean resposta ás necesidades das persoas desempregadas.

A Xunta reafirma na Coruña o seu compromiso coas lanzadeiras de emprego como ferramenta para mellorar a inserción laboral

Loading...