Ofértanse un total de 43 prazas
Os aspirantes definitivamente seleccionados disporán de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución para seleccionar mediante un formulario normalizado, os destinos ofertados
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se pública a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, e se inicia o prazo da elección de destino para o ingreso á condición de persoal estatutario fixo na categoría do grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Neste proceso selectivo resultan seleccionadas un total de 43 persoas aspirantes, que coincide co número de prazas convocadas.
Prazo para a elección de destino
Os aspirantes definitivamente seleccionados disporán de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, do 5 de novembro ao 18 de novembro, para seleccionar mediante un formulario normalizado, os destinos ofertados para este quenda e por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
Os aspirantes seleccionados poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas co procedemento de elección de destinos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.