A delegada en Vigo, Ana Ortiz, visitou aos participantes no curso que promoven Gondomar, Baiona e Nigrán con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acudiu este luns ao obradoiro Coidando Miñor V que permite formar a 20 persoas desempregadas cun investimento de 454.552 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para esta edición do curso que promove Gondomar, xunto con Baiona e Nigrán.

A representante autonómica, que estivo acompañada polos alcaldes de Gondomar, Nigrán e Baiona, animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. No caso concreto de Coidando Miñor V, os participantes reciben desde xuño de 2026 a marzo de 2027 formación nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

A Xunta forma en atención sociosanitaria e conservación de montes a 20 persoas desempregadas a través do obradoiro dual de emprego Coidando Miñor

Loading...