A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou hoxe ao alumnado do obradoiro dual de emprego Arteixo 2026-2027 coincidindo co seu inicio. Esta iniciativa permite que 20 persoas desempregadas combinen durante nove meses formación e emprego na especialidade de pintura industrial en construción.

No marco desta visita, a directora xeral destacou a contribución dos obradoiros duais á mellora da cualificación profesional e da inserción laboral, ao tempo que se executan actuacións de utilidade pública. Neste caso concreto, as accións previstas están relacionadas coa preparación, reparación e pintado de instalacións urbanas de iluminación, bancos, papeleiras e casetas de instalacións urbanas.

A Xunta de Galicia ve clave os obradoiros duais como o de Arteixo para impulsar a formación e o emprego ligado ao territorio

Loading...