A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe en Vigo na presentación da xornada Exercicio de dereitos e permisos conciliatorios: xurisprudencia, no marco do Campus autonómico de igualdade laboral

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe en Vigo na presentación da xornada Exercicio de dereitos e permisos conciliatorios: xurisprudencia, no marco do Campus autonómico de igualdade laboral. Alí salientou o valor desta ferramenta para sensibilizar e capacitar a sociedade en temáticas clave como a conciliación e corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral ou o teletraballo.

Neste sentido, o obxectivo da xornada é analizar as pautas marcadas pola xurisprudencia para o exercicio dos dereitos e permisos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral regulados no estatuto das persoas traballadoras. Así, esta formación de dúas horas, que tamén se pode seguir por streaming, corre a cargo da inspectora de Traballo e Seguridade Social Sandra García Lombardía.

A Xunta pon en valor a utilidade do Campus de igualdade laboral para avanzar na equidade real nas contornas de traballo

O Campus de Igualdade Laboral conta con máis de 9.500 persoas adheridas e os participantes pertencen fundamentalmente aos sectores de servizos profesionais, sector de saúde e asistencial e educación. Nel actualmente estase a desenvolver unha programación de 17 accións formativas, que se levarán a cabo ao longo deste segundo semestre.

Loading...