A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiron este xoves no Auditorio Mar de Vigo á apertura da terceira edición do Feelant Impact Summit como punto de encontro de referencia para a innovación social, investimento de impacto e a colaboración entre empresas, institucións e entidades sociais.

O evento reuniu a máis de 300 persoas representantes do ámbito institucional, científico, empresarial e social nun espazo de diálogo e acción centrado en algúns dos principais retos da sociedade actual, como a saúde e o benestar, as enfermidades raras, a inclusión, a discapacidade ou o papel do talento da xuventude.

Loading...