A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na entrega de premios do I concurso de debuxo Sin limites sin moldes sin eti_quetas, organizado polo centro especial de emprego Juan María Sin Eti_quetas.

A directora xeral puxo en valor esta iniciativa, posta en marcha para fomentar a integración das persoas con discapacidade intelectual, dándolles visibilidade e un papel protagonista na creación de produtos que formarán parte da nova colección de camisetas da tenda Juan María Sin Eti_quetas, un proxecto que crea emprego directo para as persoas con discapacidade intelectual, as cales están ao cargo da produción, xestión e venda das mesmas. Marta Mariño manifestou o compromiso da Xunta con seguir traballando a prol do emprego inclusivo, a través do apoio ao labor dos centros especiais de emprego, ofrecer incentivos ás empresas para inserción laboral ou impulsar formación a persoas con discapacidade.

Loading...