O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o centro de recursos educativos do Grupo Social Once en Pontevedra onde destacou o compromiso desta entidade coa formación das persoas con discapacidade. En concreto, durante estes meses de verán están ofrecendo cursos intensivos de inglés a mozos con discapacidade visual de España e do estranxeiro.

O director xeral puxo en valor o compromiso do Grupo Social Once coa plena inclusión das persoas con discapacidade e na erradicación de calquera tipo de barreira que poidan encontrar no seu día a día. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego mantén unha estreita relación con todo o tecido social galego para mellorar a inclusión social e a integración de todos os membros da sociedade.

Loading...