Os máis de 70 profesores e directivos de entidades galegas do exterior que participan no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración iniciaron hoxe a súa formación en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e formación de directivos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou estes obradoiros, aos que tamén asistiu o director de Turismo de Galicia, Antonio Casas; a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer e o director do Centro Superior de Hostelería de Galicia, José Paz.
Os 74 participantes nesta iniciativa son membros das entidades galegas de diferentes países de Europa e América e, deste xeito, recibirán formación especializada para impartir docencia en estas actividades nos seus paises.
Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América.
Estes obradoiros prolongaranse ata o próximo día 16.