Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 29 de decembro de 2023 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2024) convocáronse 33 bolsas de formación en biblioteconomía para o período 2024-2025.
Concluído o prazo de presentación de solicitudes, e realizados os trámites previstos na referida orde, a Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 17 da orde de bases reguladoras e convocatoria avaliou os méritos dos solicitantes admitidos de acordo cos criterios establecidos no seu artigo 18.
Á vista do informe do órgano instrutor, o director xeral de Cultura formulou o 3 de xuño de 2024 a proposta de resolución, segundo o establecido no artigo 19 da orde de bases reguladoras e convocatoria.
Ao abeiro do disposto no artigo 16 da citada orde, é competente para resolver este procedemento o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. Esta competencia está delegada na secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en virtude do disposto na letra o) do punto primeiro da Orde do 29 de xullo de 2022, de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais desta consellería, en relación coa disposición adicional segunda do Decreto 49/2024, do 22 de abril.
De acordo con todo o indicado, con base na proposta de resolución formulada polo director xeral de Cultura,
RESOLVO:
1. Conceder unha bolsa de formación en biblioteconomía ás persoas que se sinalan, das que se indica a puntuación acadada segundo a valoración dos méritos sinalados no artigo 18 da convocatoria e o centro de destino onde desenvolverán a formación, asignado segundo a preferencia manifestada na solicitude (anexo I).
As persoas beneficiarias deberán incorporarse ao seu centro de destino preferentemente o 25 de xuño. No caso de imposibilidade de incorporación nesa data, deberán comunicar ao centro de destino a data de incorporación, que en todo caso, deberá ser antes dos dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. Aprobar a relación de persoas suplentes, ordenadas segundo a puntuación acadada, que poderán ser chamadas en caso de non aceptación ou renuncia por parte das persoas beneficiarias (anexo II).
3. Denegar as solicitudes que se indican, xunto coa causa de denegación (anexo III).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Disposición adicional segunda do Decreto 49/2024,
do 22 de abril, e Orde do 29.7.2022)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude