De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 5 de xaneiro de 2024 pola que establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en materia de museos e se convocan as correspondentes ao programa 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro) (código de procedemento CT110B), da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que figuran como anexo a esta resolución.
Finalidade da axuda: proporcionar unha formación teórico-práctica que, engadida á formación académica, contribúa a completar o currículo académico ademais de favorecer a creación dun tecido de profesionais para os centros museísticos da Comunidade Autónoma Galega.
Persoas beneficiarias:
– Persoas graduadas ou licenciadas universitarias cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 75 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:
1º Historia da Arte.
2º Arqueoloxía.
Persoas graduadas ou con diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
1º Arqueoloxía.
2º Pintura ou Escultura.
Aplicacións orzamentarias:
-– 43.03.432A.480.2: 114.000,00 € (cento catorce mil euros) (dotación económica).
– 43.03.432A.484.0: 9.000,00 € (nove mil euros) (Seguridade Social).
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura