Santiago, 8 de xuño de 2024
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as novas instalacións de ‘Talleres Cholo’ no polígono industrial de A Sionlla con motivo do 50 aniversario desta empresa da industria da automoción.
Durante a visita, Lorenzana louvou o compromiso coa profesión, co emprego e con Galicia desta empresa familiar que foi pioneira e referente no sector da reparación, venda e mantemento de vehículos industriais.
Neste sentido, a conselleira sinalou que para o Goberno galego sempre é un motivo de orgullo que ás empresas galegas lles vaia ben, que crezan, amplíen negocio, diversifiquen produción e mercados, que innoven en produtos e servizos e que xeren emprego de calidade.