Chantada (Lugo), 4 de maio de 2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a Casa Losada na aldea de Sabadelle (Chantada) onde se está a desenvolver este fin de semana o obradoiro Unha xoia para a virxe do Faro, dirixida pola ourive compostelá Susi Gesto. Esta actividade enmárcase na mostra O tempo que ficou no olvido organizada polo Pazo de Sabadelle coa colaboración do Concello de Chantada e da Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia.

Ao longo desta fin de semana, un total de 20 participantes crearán e deixarán a súa pegada nunha xoia colaborativa destinada a ficar na ermida do Monte Faro, un lugar emblemático na fronteira entre as comarcas do Deza (Pontevedra) e a de Chantada (Lugo).

A través deste tipo de iniciativas, a Xunta continúa co seu impulso á divulgación dos oficios artesanais e ao seu achegamento á sociedade co obxectivo de poñer en valor o traballo dos profesionais da artesanía e da marca Artesanía de Galicia.

Loading...