Quen somos

Somos a Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FPGFT), unha fundación pública adscrita á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Levamos traballando dende 2008 pola nosa razón de ser: a formación dos traballadores e traballadoras galegas ó longo da súa vida laboral. Pretendemos, deste xeito, proporcionar á poboación activa de Galicia os coñecementos, as capacidades e as prácticas adecuadas ás necesidades das empresas e aos requirimentos do mercado laboral.

Nese espírito, a Fundación está integrada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade; pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e polas organizacións sindicais máis representativas de Galicia: Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores e Confederación Intersindical Galega.

As nosas actuacións están encaradas, pois, a:

  • Promover, aplicar e implementar actuacións tendentes á configuración dun sistema integrado de formación profesional en Galicia.
  • Promover a eficiencia e a eficacia das políticas de formación a través do análise e mellora continuada das mesmas.
  • Impulsar e estender entre empresarios e traballadores unha formación que responda as súas necesidades e contribúa ao desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento.
  • Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores mellorando a súa capacitación profesional e promoción persoal.
  • Proporcionar aos traballadores os coñecementos e as prácticas adecuadas aos requirimentos do mercado de traballo e as necesidades das empresas.
  • Contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas, e a estabilidade e calidade do emprego.
  • Calquera outro fin que conduza o cumprimento do obxecto fundacional: a formación da poboación activa galega.

Todo isto facémolo emprendendo iniciativas de formación, proporcionando asesoramento técnico, a elaboración de estudos e proxectos, a celebración de xornadas formativas e moito máis. Síguenos nas nosas redes para estar informado das nosas últimas actividades!