EMi
Emprego
Intelixente
A tecnoloxía intelixente ao servizo do emprego en Galicia.
EMi, Emprego Intelixente, é unha ferramenta tecnolóxica implantada en todas as oficinas de emprego de Galicia que conxuga datos, coñecemento e analítica para axudar a mellorar a calidade do servizo que presta Emprego Galicia.
O sistema EMi incorpora as novas tecnoloxías de Intelixencia Artificial á busqueda de emprego aplicando un enfoque baseado na relación entre competencias e habilidades OFERTADAS e DEMANDADAS.
Grazas á IA podemos procesar e correlacionar un maior volume de datos.
Dende o histórico de formación e experiencia laboral dos candidatos ata datos das empresas, oferta e demanda do mercado. Deste xeito mellora o acceso dos profesionais do servizo de Emprego de Galicia a información actualizada e de calidade coa que ofrecer un mellor servizo de orientación aos demandantes de emprego.
A IA permite identificar patróns nas decisións e aprender delas, mellorando a calidade das súas propostas futuras.
Os patróns que atopa a IA analizando as decisións tomadas por empresas, orientadores e candidatos, axúdalle a facer prediccións baseadas en probabilidade que lle permiten mellorar as súas suxerencias para que sexan aínda máis axustadas á realidade do contexto e, por tanto, efectivas.

Candidatos: Máis información, mellores decisións
Sumando a experiencia dos orientadores de Emprego ao EMi baseado en competencias, os candidatos/as serán máis conscientes daquelas que posúen e as que precisan adquirir e con que formación. Ademais terán información actualizada e prediccións do mercado de traballo no seu territorio.

Administración: Detección de necesidades formativas
A IA permítenos identificar competencias laborais non cubertas nun territorio e cotexalo coas persoas perfiladas nesa zona. Deste xeito a Administración pode detectar as necesidades formativas a programar de xeito prioritario en cada lugar da nosa xeografía.

Empresas: Sondaxe de candidatos máis eficiente
Ao basear a sondaxe en competencias, en lugar de limitarse á tradicional por experiencia e formación, as empresas teñen acceso a máis candidaturas que se axusten aos postos ofertados, ademáis de contar con Emprego Galicia como un aliado para impulsar iniciativas formativas que contemplen as necesidades reais.