Que é FUNGATRA
Somos a Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FUNGATRA), unha fundación pública adscrita á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Levamos traballando dende 2008 pola nosa razón de ser: a formación dos traballadores e traballadoras galegas ó longo da súa vida laboral. Pretendemos, deste xeito, proporcionar á poboación activa de Galicia os coñecementos, as capacidades e as prácticas adecuadas ás necesidades das empresas e aos requirimentos do mercado laboral.
Nese espírito, a Fundación está integrada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; pola CEG (Confederación de Empresarios de Galicia) e polas organizacións sindicais máis representativas de Galicia: CC.OO. Galicia (Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia), UGT Galicia (Unión General de Trabajadoras y Trabajadores de Galicia) e CIG (Confederación Intersindical Galega).
As nosas accións están destinadas a:
Promover, aplicar e implementar actuacións tendentes á configuración dun sistema integrado de formación profesional en Galicia.
Promover a eficiencia e a eficacia das políticas de formación a través do análise e mellora continuada das mesmas.
Impulsar e extender entre empresarios e traballadores unha formación que resposte ás súas necesidades e contribúa ao desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento.
Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores mellorando a súa capacitación profesional e promoción persoal.
Proporcionar aos traballadores coñecementos e prácticas axeitadas aos requerimentos do mercado de traballo e as necesidades das empresas.
Contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas, e a estabilidade e calidade do emprego.
Calquera outro fin que conduza ao cumprimento do obxecto fundacional: a formación da poboación activa galega.
Todo isto facémolo emprendendo iniciativas de formación, proporcionando asesoramento técnico, a elaboración de estudos e proxectos, a celebración de xornadas formativas e moito máis. Síguenos nas nosas redes para estar informado das nosas últimas actividades: