A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta tarde nunha das xornadas de traballo da segunda edición do programa O noso reto solidario, que se está a desenvolver no Palomar (Silleda). Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Roberto Rivas, a Fundación Botín e a Fundación Amicos co obxectivo de fomentar a innovación, o emprendemento e a colaboración entre as entidades da economía social, acompañándoas no desenvolvemento de proxectos sostibles e con impacto social.

Vázquez Guzmán puxo en valor esta iniciativa, na que participan nesta edición 26 entidades galegas, e reafirmou a necesidade de impulsar estas fórmulas de negocio, no marco do desenvolvemento da Estratexia galega da economía social: horizonte 2027. Así mesmo, destacou o papel da rede autonómica Eusumo, creada en 2012 para fomentar o cooperativismo e a economía social en todo o territorio galego a través de accións de formación, divulgación e asesoramento orientadas ao autoemprego colectivo. Neste sentido, sinalou que a vindeira convocatoria de axudas ás entidades adheridas á rede poñerá o foco no fomento de plans locais de economía social, tomando como referencia as experiencias piloto desenvolvidas nos concellos de Baiona e Ribadavia.

A Xunta pon en valor a iniciativa ‘O noso reto solidario’ para impulsar a innovación e o emprendemento na economía social galega

A Xunta pon en valor a iniciativa ‘O noso reto solidario’ para impulsar a innovación e o emprendemento na economía social galega

Loading...