A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe no evento organizado por AJE Coruña, onde destacou a colaboración coa entidade en materia de emprendemento

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na Gala do XXVII Premio Emprende Coruña, organizada por AJE Coruña. Alí, puxo en valor a colaboración coa entidade de cara a dar pulo ao traballo por conta propia en Galicia, tomando —deste xeito— como base a experiencia da mocidade emprendedora.    

Nesa liña, a secretaria xeral fixo alusión á rede de colaboración público-privada Ultreia Galicia, da que forma parte AJE e que está enfocada en xerar sinerxías no ecosistema emprendedor da comunidade, conectando os distintos axentes implicados e as institucións con especial atención a sectores estratéxicos.

No eido do emprendemento, a secretaria xeral puxo tamén en valor a Rede de polos e os seus 15 centros espallados polo territorio galego, ofrecendo asesoramento gratuíto e personalizado en puntos como Ferrol, Coristanco e Melide —no caso da provincia da Coruña— en calquera fase na que se atopen os proxectos.

Loading...