A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe en Vigo no peche do evento Liderar en tempos de cambio, no marco do programa Responsabilízate. Alí, animou ás empresas a inscribirse na presente edición da iniciativa autonómica, ao tempo que agradeceu a implicación das que xa participaron e están a contribuír á súa difusión en actos coma o de hoxe, no que se aproveitou para facer entrega de 15 selos Responsabilízate.

Na súa intervención, a secretaria xeral destacou que o programa incorpora un servizo específico de benestar organizacional dentro do itinerario de acompañamento previsto, que inclúe unha análise da situación de partida, formación específica nos ámbitos ambiental, social e de gobernanza, asesoramento personalizado e apoio na elaboración e posta en marcha dun plan de acción. Unha vez completado o proceso, as empresas poden acceder ao Selo Responsabilízate, que busca recoñecer e consolidar unha comunidade empresarial comprometida coa responsabilidade social e a sostibilidade.

A Xunta destaca en Vigo o programa responsabilízate a prol dunha comunidade empresarial comprometida coa responsabilidade social e o benestar laboral

Loading...