A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na clausura da asemblea electoral da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) de Galicia, onde destacou o papel desta entidade na representación e defensa dos intereses do sector e agradeceu o seu labor como interlocutora coa Administración autonómica a través da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia.

Pérez Iglesias puxo de relevo o compromiso do Goberno galego non só co impulso do emprego autónomo, senón tamén co acompañamento ás persoas traballadoras por conta propia en todas as etapas da súa actividade, desde o inicio ata a consolidación e o mantemento do negocio. Así mesmo, destacou que Galicia avanza no fortalecemento do ecosistema emprendedor, co obxectivo de ofrecer todas as ferramentas ás persoas que deciden poñer en marcha un negocio e coordinar os recursos dispoñibles. Neste sentido, salientou que ATA Galicia é unha das preto de 150 entidades adheridas á rede de colaboración público-privada Ultreia Galicia.

A Xunta salienta a colaboración con ATA Galicia para fortalecer o emprego autónomo e o ecosistema emprendedor

Loading...