O obradoiro conta con 20 participantes, todos na especialidade de Forestal
Fernandez puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas orientadas á inserción laboral
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou hoxe os traballos que están a desenvolver os participantes no obradoiro dual de emprego ‘A Estrada Emprega Foresta’, na contorna da carballeira da Sagrada, na parroquia de Codeseda.
Durante a visita, puido coñecer de primeira man as actuacións que están a levar a cabo os 20 participantes da especialidade forestal, así como o desenvolvemento desta iniciativa formativa e laboral.
O delegado puxo en valor a importancia dos obradoiros duais de emprego como ferramentas para mellorar a cualificación profesional dos participantes, ao combinar formación teórica e práctica co desenvolvemento de traballos de interese para a contorna.
Así mesmo, destacou o papel destes programas na creación de oportunidades laborais e na mellora e conservación dos espazos naturais, ao tempo que contribúen a favorecer a inserción laboral e a dinamización do territorio.