Na clausura a delegada informou que a Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria 2026-2027 das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), ata o 30 de novembro, cun orzamento de 60 millóns de euros

A representante do Goberno autonómico subliñou que o obxectivo destas formación é mellorar as competencias profesionais das persoas beneficiarias, favorecendo a obtención total ou parcial de certificados profesionais con impacto directo na súa inserción laboral

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, clausurou, esta mañá, o curso de accións formativas para desempregados (AFD) que contou cunha achega de máis de 52.000 euros, centrada en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A delegada felicitou ao Concello pola súa implicación e compromiso coa mellora da empregabilidade dos veciños da súa contorna un sector no que existe unha gran demanda de traballadores. Neste senso, animou a seguir traballando e apostando por unha formación de calidade e destacou o éxito que teñen estes cursos xa que conseguen unha taxa de empregabilidade moi alta.

Este curso incluíu os módulos dirixidos a persoas dependentes en institución sociais de: apoio na organización de intervencións no ámbito institucional (recepción e acollida, organización de actividades); intervención na atención hixiénico-alimentaria; intervención na atención sociosanitaria, apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa (animación sociais, mantemento e mellora das actividades diarias, técnicas de comunicación); inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero; formación para a igualdade e básico de prevención de riscos laborais.

A representante do Goberno autonómico felicitou a los alumnos que comenzaron a súa formación o pasado 17 de abril e remataron o 11 de setembro cunha duración total de 450 horas e contou con 13 alumnos.

A representante do Goberno autonómico subliñou que o obxectivo destas formacións é mellorar as competencias profesionais das persoas beneficiarias, favorecendo a obtención total ou parcial de certificados profesionais con impacto directo na súa inserción laboral.

Na visita a representante do Goberno autonómico tamén lembrou que A Laracha volve a contar este ano cun obradoiro de emprego grazas a unha achega da Xunta de máis de 474.000 euros centrado en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e traballos de carpintaría e moble, que conta con 20 prazas.

Convocatoria 2026

A representante autonómica recordou que a convocatoria 2026-2027 deste programa está dotada con 60 M€, cos que o Goberno galego pretende reforzar a cualificación profesional e facilitar a inserción laboral da cidadanía. Co reforzo orzamentario, a previsión da Xunta é superar as 10.700 persoas beneficiarias. A convocatoria permanece aberta ata o 30 de novembro. Na provincia da Coruña, a data de setembro, xa están aprobados un total de 308 cursos, en 73 entidades de 23 concellos cun investimento de preto de 16 millóns de euros e na comarca de Bergantiños-Costa da Morte , un total de 21 accións formativas para desempregados promovidas polos concellos da Laracha e Carballo e por 9 entidades de Carballo (5), Cee (1), Laxe (1), Vimianzo (1) e Zas (1) grazas a uns apoios da Xunta de preto de 1,6 millóns de euros.

A delegada da Xunta sinalou tamén que esta iniciativa está integrada no novo modelo de formación para o emprego impulsado pola Administración autonómica, “que conta cunha maior flexibilidade, simplificación administrativa e adaptación ás necesidades reais do tecido empresarial galego, dando resposta así ás vacantes que existen no mercado laboral”.

As accións están dirixidas preferentemente a persoas desempregadas, aínda que tamén poderán participar persoas ocupadas ata un máximo do 30 % das prazas dispoñibles no caso de existiren vacantes.

Os fondos distribúense entre as anualidades 2026 e 2027, permitindo desenvolver accións formativas que se inicien este ano e continúen no seguinte. Optando ás axudas os centros e entidades acreditadas para impartir graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional. Ademais, as subvencións concédense en réxime de concorrencia non competitiva e inclúen anticipos de ata o 60 %.

Entre as principais novidades desta convocatoria figura a flexibilización dos requisitos de acceso. As persoas que finalicen unha acción formativa poderán matricularse nun curso de nivel superior sen necesidade de agardar pola expedición oficial do certificado profesional correspondente. Esta medida tamén beneficiará ás persoas que estean pendentes da homologación dun título estranxeiro.

A representante do Goberno autonómico subliñou que o obxectivo destas iniciativas é mellorar as competencias profesionais das persoas participantes e facilitar a obtención de certificados profesionais con impacto directo na súa empregabilidade e inserción laboral.

Durante o encontro, a delegada da Xunta animou ás participantes poñendo en valor o compromiso do Goberno galego coa atención ás persoas en situación de dependencia, lembrando o proxecto para a construción de 25 novas residencias públicas que permitirá crear 1.800 novas prazas, incrementando a oferta residencial actual en Galicia e contribuíndo tamén á creación de arredor dun milleiro de postos de traballo.

 

Loading...