A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na entrega dos Premios Ícarus 2026, enmarcados nun programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que conta co apoio da Xunta de cara a estimular no estudantado unha reflexión sobre a aplicación social e económica do coñecemento contido nos seus traballos de teses de doutoramento e fin de grao (TFG) e mestrado (TFM). Nesa liña, a directora xeral celebrou que os proxectos recoñecidos poidan contribuír a dar pulo ao emprendemento en Galicia.

Mariño puxo de relevo que se distingan iniciativas de todas as áreas de coñecemento que se imparten na USC, isto é, de Artes e Humanidades, Ciencias Experimentais, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. Máis aló dos traballos que recibiron os premios e áccesits de hoxe, agradeceu a implicación de todo o alumnado dos campus de Santiago e Lugo que se inscribiu pola súa vontade de dar resposta aos distintos retos da sociedade.

Loading...