O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, salientaron hoxe en Vigo o apoio da Xunta ao emprendemento no evento The Way Startup Summit 2026, organizado polo Hub de Innovación de Galicia e que reúne máis de 50 empresas emerxentes, máis de 150 investidores e un milleiro de asistentes. Pablo Fernández referiuse ao novo Campus formativo de emprego autónomo, un espazo dixital para potenciar a profesionalización de persoas autónomas, emprendedoras e comerciantes con formación práctica, sinxela e orientada a resultados.

Pola súa banda, Marta Mariño, presentou a Rede Ultreia Galicia como unha iniciativa de colaboración público-privada impulsada polo Goberno galego e que é clave para potenciar o ecosistema emprendedor na comunidade. Neste contexto, lembrou que actualmente conta con máis de 120 entidades adheridas e animou a outras a sumarse subliñando que será clave na futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia, que se está a ultimar xunto cos axentes implicados.

Loading...