A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañada polo director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Carlos Vázquez, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a empresa Plexus co gallo de analizar as necesidades do sector das tecnoloxías da información (TI) galego no relativo á formación e captación de talento. Nesa liña, valoráronse os cursos impartidos no CNTG para persoas traballadoras actuais e futuras deste eido económico, a través dos que se formaron máis de 70 traballadores de Plexus na edición de 2024-2025.

Canto á programación actual 2025-2026, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ten previstos 151 cursos e 134 seminarios. Dos cursos, xa se levan impartido un total de 96, nos que amosaron interese máis de 4.800 persoas (cunha demanda de 2,56 persoas por praza). A directora xeral engadiu que as accións formativas foron valoradas polo propio alumnado cunha cualificación media de 9,22 sobre 10. Mentres, na banda dos seminarios técnicos, desenvolvéronse 80, aos que asistiron unhas 1.400 persoas.

Loading...