Xornadas prácticas sobre Intelixencia Artificial é unha iniciativa de FUNGATRA pensada para achegar a IA dun xeito claro, práctico e accesible, poñendo o foco no seu impacto real no emprego, na innovación e no desenvolvemento profesional.

A través de encontros na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, este ciclo de xornadas permitirá descubrir como a Intelixencia Artificial está a transformar o mercado laboral e abrirá un espazo de reflexión sobre os retos e oportunidades que ofrece.

A quen vai dirixido?

=
Persoas desempregadas.
=
Persoas ocupadas que queiran mellorar a súa empregabilidade.
=
Profesionais, persoas emprendedoras, empresarias e empresarios.
=
Orientadoras e orientadores laborais.

Que aporta

Z
Este ciclo ofrecerá unha visión próxima e comprensible da IA, das súas aplicacións prácticas e das competencias que xa están a marcar o presente e o futuro do traballo.
Z
Ademais, dará visibilidade ás oportunidades de formación neste ámbito, incluídas as impulsadas por FUNGATRA, co obxectivo de facilitar novas ferramentas para adaptarse, medrar profesionalmente e aproveitar todo o potencial da transformación dixital.
Moi pronto anunciaremos a próxima convocatoria. Sigue as nosas redes e consulta a nosa web para estar ao día de todas as novidades.
Loading...