Esta ferramenta enmárcase no programa Hubs de activación da empregabilidade, impulsado pola Fundación Santa María la Real co apoio do Goberno galego é gratuíto e semipresencial e está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos

As persoas participantes reciben orientación laboral, formación práctica e asesoramento especializado e cualificaranse en habilidades demandadas no mercado laboral, entre elas as dixitais e as competencias verdes

Esta medida enmárcase na estratexia autonómica para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, ámbito no que Galicia aposta pola formación flexible e adaptada a todos os perfís e ás necesidades do tecido produtivo

O programa Hubs de activación da empregabilidade vén de iniciar os seus itinerarios formativos na Lanzadeira de Emprego Activa e a Lanzadeira de Emprego Despega, na Coruña, na sede do Centro de Orientación ao Emprendemento e na Lanzadeira de Emprego Nómade en Marín, que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Este programa está impulsado pola Fundación Santa María la Real e conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín e mantén aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar.

É gratuíto e semipresencial e está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, de diferentes niveis formativos e pertencentes aos colectivos prioritarios para a Xunta de Galicia, como os parados de longa duración, persoas mozas, mulleres, persoas con discapacidade galegos retornados, inmigrantes, entre outros.

De feito, comezou coa participación de persoas en desemprego, maiores de 24 anos, e con diferentes niveis formativos (ESO, Formación Profesional, Bacharelato e estudos universitarios). Estas persoas reúnense en grupos heteroxéneos e contan coa guía e orientación de especialistas para actualizar e enfocar a súa procura de traballo coas últimas tendencias do mercado laboral.

Habilidades dixitais e competencias verdes

En concreto todas as persoas participantes reciben orientación laboral, formación práctica e asesoramento especializado, cunha metodoloxía que fomenta o traballo en equipo, a preparación de entrevistas e o desenvolvemento de competencias transversais demandadas polo mercado. Neste sentido, cualificaranse en habilidades dixitais, competencias verdes, loxística e telemarketing. A inscrición pode realizarse no seguinte formulario online: https://hubsempleabilidad.com/inscribete/.

Resultados a prol da inserción laboral das persoas desempregadas

Estas novas lanzadeiras seguirán en Vigo, Santiago e A Coruña, durante 2026 e ata agosto de 2027 e permitirán afianzar os resultados das anteriores. Nelas participaron un total de 130 persoas , que recibiron acompañamento ao longo de todo o proxecto en competencias dixitais e en competencias verdes, mediante sesións online e webinarios, entre outros. Desas persoas, preto dun 60% obtivo un emprego por conta allea e máis dun 10% comenzou una formación regrada.

Esta medida enmárcase na estratexia do Goberno galego para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas que buscan traballar, cun foco especial na retención e aproveitamento do talento de colectivos prioritarios ou infrarrepresentados no mercado laboral e atender a retos globais como o da cobertura de vacantes. Neste ámbito, Galicia aposta pola formación flexible e adaptada a todos os perfís e ás necesidades do tecido produtivo.

 

 

Loading...