A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na xornada Unha década sementando inclusión, organizada por Adido e Aspamadis con motivo do seu décimo aniversario e inauguración da súa nova sede, na rúa Pena Trevinca. Durante o acto, Marta Mariño destacou o labor desenvolvido ao longo destes anos pola Asociación de Discapacitados Intelectuais de Ourense (Adido) en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e na súa integración laboral, especialmente a través da fundación en 2016 do centro especial de emprego Aspamadis.

A directora xeral destacou o papel da economía social como motor de transformación cara a unha sociedade máis inclusiva e subliñou o apoio da Xunta a estas iniciativas, mediante programas de inserción laboral, incentivos ás empresas e formación adaptada para persoas con discapacidade. Reiterou, ademais, o compromiso do Goberno autonómico de seguir promovendo o emprego inclusivo e fortalecendo o labor dos centros especiais de emprego, que xunto coas empresas de inserción, recibiron un apoio autonómico de 33,7 M€ en 2025.

Loading...