A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, asistiu hoxe á inauguración do centro asistencial de Asepeyo en Vilagarcía de Arousa. Alí, puxo en valor a colaboración entre o ISSGA e esta mutua colaboradora coa Seguridade Social no marco da prevención de riscos laborais e a promoción da saúde na contorna de traballo.

Segundo dixo, esta alianza materialízase nun amplo abano de iniciativas conxuntas, centradas na innovación, na formación, na promoción de saúde no traballo, na sensibilización e na tramitación dos partes de accidentes de traballo. A maiores, o Issga e Asepeyo colaboran na organización de xornadas técnicas e formación especializada dirixidas ao empresariado, persoal traballador e técnicos de prevención arredor de temas como a sensibilización fronte ao ruído, a xestión da enerxía emocional positiva no traballo, a saúde e o teletraballo.

Loading...