O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Vigo na xornada Hábitos saudables no traballo e a vida diaria. Claves para unha saúde integral, organizada pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP). Alí, destacou que esta acción está apoiada pola Xunta de Galicia no marco das axudas dirixidas ao fomento de accións formativas e de asesoramento en materia de prevención de riscos laborais, así como de actividades preventivas como xornadas técnicas, seminarios, estudos ou publicacións. Unhas axudas que este ano contan cun orzamento próximo aos 2,3 millóns de euros.

Segundo o secretario xeral, o Goberno galego considera fundamental destinar estas achegas ás organizacións empresariais e sindicais galegas, sectoriais e intersectoriais, así como ás fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral e ás asociacións de autónomos. Nesa liña, valorou o relatorio sobre claves para unha saúde integral organizado no marco da xornada de hoxe e os distintos exemplos sobre hábitos de vida saudables no traballo e na vida cotiá que, aseverou, de seguro contribúen a unha mellor e maior cultura preventiva no eido laboral por parte de todas as persoas participantes.

Loading...