A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Santiago de Compostela na primeira das xornadas temáticas da undécima edición deste evento de referencia en innovación, creatividade e tecnoloxía

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na primeira das xornadas temáticas da undécima edición da Maker Faire Galicia que se desenvolveu na capital galega.

Mariño destacou a traxectoria do encontro Maker Faire Galicia coma un dos eventos de referencia en innovación, creatividade e tecnoloxía a nivel estatal e europeo, resaltando que a xornada de hoxe —que conta co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— pretende mostrar aos visitantes unha gran variedade de proxectos emprendedores que lles poidan servir de inspiración para continuar así fomentando a cultura do emprendemento en Galicia.

Neste senso, a directora xeral lembrou o labor de asesoramento da Rede de polos de emprendemento, que con 15 oficinas repartidas por toda Galicia e máis de 4.100 proxectos atendidos, asesora de balde a quen desexe emprender na comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse. Tamén fixo mención ao Bono Remuda, que dentro da orde unificada de autónomos —aberta ata o 30 de setembro— e cun orzamento de máis de 1,2M€ busca facilitar a transmisión de negocios rendibles para favorecer a vertebración do territorio con achegas para quen asume a empresa como tamén para quen traspasa por xubilación.

Loading...