A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá en San Sebastián —xunto con outros representantes do resto de autonomías do territorio— na mesa de diálogo Territorio y Economía Social, no marco do primeiro Foro Internacional ASETT, organizado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (Cepes). Co foco posto na economía social, o congreso reuniu a diferentes representantes deste eido —nacionais e internacionais— creando un espazo de diálogo no que poder debatir diferentes propostas e solucións a problemáticas actuais como a redución das desigualdades ou a inclusión sociolaboral de colectivos en risco de exclusión social.

Durante a súa intervención, a directora xeral resaltou o bo rumbo da estratexia galega da economía social que —co horizonte fixado no 2027— busca impulsar este modelo empresarial como motor de xustiza social, garante de emprego inclusivo e ferramenta indispensable para seguir fortalecendo o tecido emprendedor galego. Na consecución e éxito destes resultados, resaltou, ten sido fundamental a aposta estratéxica da Xunta a prol do sector, con liñas chave —que continúan este ano— como Aprol Economía Social ou o Bono Consolida, así como o apoio e diálogo constante coas entidades asociativas ou o labor do Consello Galego da Economía Social, cuxo obxectivo é promover e coordinar políticas públicas que favorezan o desenvolvemento deste modelo.

Loading...