O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reuniuse esta semana coa presidenta da Asociación de Empresarios Bodegueros e Viticultores Rías Baixas, Ángela Martín, e outros representantes desta entidade co fin de analizar respostas conxuntas ante retos do mercado laboral que tamén afronta este sector como a cobertura de vacantes e a remuda xeracional. Ademais, no encontro abordaron outras cuestións como as necesidades específicas do persoal temporal do sector da vendima.

En relación aos retos, o conselleiro puxo en valor medidas impulsadas dentro de Galicia para casar oferta e demanda e favorecer a cualificación e a retención de talento atendendo ás necesidades das empresas como as relacionadas co sector vitivinícola. Un eido, subliñou, no que é clave ofrecer unha formación flexible e á carta do tecido produtivo. Tendo en conta que a forza laboral interna non é suficiente para atender a demanda, o Goberno galego conta con distintas medidas para a atracción de talento exterior de xeito ordenado, da man das empresas e co foco na comunidade emigrante galega, ámbito no que destacan accións da Estratexia Galicia Retorna como o programa Retorna Cualifica Emprego. Isto compleméntase coas accións dirixidas a traballadores de terceiros países e onde se enmarca a colaboración con países hispanoamericanos.

Loading...